Inicio >> Artistas >> MIGUEL ZELADA >> CURRICULUM
Galería de Arte
Servicios
Artistas
Enlaces
Contacto
Enviar página a un amigo ir a la pagina de inicio Imprimir esta página Mapa web Buscador Avanzado

Exposiciones

(A Coruña, 1942),

Aínda que coruñés de nacemento, a súa nenez e mocidade transcorreu en Madrid, onde se licenciou na Facultade de Ciencias Económicas. Volveu á súa cidade natal en 1966 e asistiu a clases de debuxo e pintura na Escola de Artes e Oficios da urbe herculina, aínda que se considera autodidacta.
Empezou a expoñer en 1976, na Coruña, e logo estendeu as súas mostras ás diferentes cidades de Galicia, a Asturias e León. A súa consagración chégalle coa mostra que realiza en Madrid na sala Kandinsky en 1980, ano no que tamén está presente nas colectivas que organiza Caixavigo co gallo do centenario da institución.
Na obra de Zelada hai unha forte influencia do cubismo rítmico e do simultaneísmo dos chamados por Eugenio d´Ors "de entreguerras". A súa expresión é dinámica, vibrante, absolutamente viva. Debuxante moi seguro, realiza complexas composicións nas que a visión da realidade se simplifica e se fai complexa, aínda que pareza paradóxico, de maneira que o resultado é unha visión coma de caleidoscopio, en xogo de luces e reflexos, ditos en azuis, rosas, carmíns e verdes, de intención moi lírica.
Esta pintura, desprovista de cargas ideolóxicas e, por suposto, allea ó informalismo é , sen embargo, considerablemente abstractiva. Nalgúns momentos cabe emparentala coa do marinense sudamericanizado José Solla, se ben Zelada é moito máis barroco. Trátase dun decorativismo trascendido a categoría estética. Quizais hai nel un muralista nato,incapaz de deixar un espacio sen tratamento plástico, aínda que saiba dosificar moi ben os elementos para que non se dea a heteroxeneidade que confunde.
O mundo do mar ten neste artista herculino unha referencia constante. Os portos, os barcos, os mariñeiros atoparon na súa leda, multicromática obra unha feliz e moi persoal interpretación.
A pintura de Miguel Zelada está moi ben elaborada. Baséase en equilibrados ritmos de liñas, coma se redes imaxinarias sostivesen as súas figuracións insinuadas. Achégase frecuentemente ós temas do mar. As súas paisaxes de portos, con barcos, en azuis, pratas e rosas son dunha auténtica delicia. A súa obra figura en museos de Galicia e en coleccións institucionais.

Exposiciones Individuales

Galería Ceibe. la Coruña. 1976

Caja de Ahorros de Vigo. Vigo. 1977

Galería Ceibe. La Coruña. 1978

Galería Kandinsky. Madrid. 1978

Museum Centro D`Art. ferrol. 1980

Galería NOvecento. Vigo. 1981

Cámara de Comercio de La Coruña. 1981

Galería Kandinsky. Madrid. 1983

Galería Artelancia. León. 1987

Galería Artelancia. León. 1992

Galería Artelancia. Oviedo. 1992

Galería Recoletos. madrid. 1993

Galería Atlántica. La Coruña. 1994

Galería Atlántica. La Coruña. 1996

Casa de Galicia. Xunta de Galicia. Madrid. 1997

Galería Paloma Pintos. Santiago de Compostela. 1998

Centro Colón. Madrid. 2000

Galería Altea. Madrid. 2002

Galería Artelancia. León. 2002

Galería Altea. Madrid. 2004

Galería Artelacia. León. 2005

Panaderas Galería de Arte. Grupo Bankcredito. La Coruña. 2006

Galería Altea. Madrid. 2006

BIBLIOGRAFÍA

AA.VV.: Miguel Zelada. Atlántica. A Coruña, 1994. Fragmentos críticos de Alfonso Abelenda, Domingo García Sabell, Camilo José Cela, Xavier Cosata Clavell, Victoriano Crémer.

ABELENDA, A:: La luz de la xiada. Recoletos. Madrid. 1993. // Atlántica. Coruña, 1994.

CARUNCHO, L.: Zelada. Casa de Galicia. Madrid, 1997.

CELA, C. J.: Zelada. Atlántica. Coruña, 1994. // Casa de Galicia. madrid, 1997.

GARCÍA SABELL, D.: Zelada. la Galería Novecento. Vigo, 1981. // ArteLancia. León, 1992.

MARTÍNEZ CEREZO, A.: Diccionario de pintores españoles. II mitad del siglo XX. Época. Madrid, 1997.

MON, F.: Miguel Zelada. Kandinsky. Madrid, 1980.

NIEVES, C.: Miguel Zelada. Atlántica. Coruña, 1996.

Ir al inicio
i Latina Software, S.L., CIF: B-24.284.622 - Galeria de Arte - Política de privacidad
Produce Productos web, s.l. - Posicionamiento en buscadores - - mapa web
invisible

ALBERTO CARPO
ALEJANDRO CARRO
ANTONIO PESSOA
BARCÓN
CONXI PUIG
Elena Gago
ENRIQUE MORO
FELIPE DEL CAMPO
JESÚS PAREDES
JOAM BERRIDE
JOAQUÍN BALSA
LAXEIRO
MANUEL GANDULLO
Manuel Romero
MIGUEL MELERO
MIGUEL SERRANO
MIGUEL ZELADA
PAOLA DE MIGUEL
PARÉS GUILLAMON
Patiño
PERICO CASTRO
QUINTANA MARTELO
VARELA GUILLOT